Galego | Castellano
Preinscrición ás escolas oficiais de idiomas. CELGA e LAG.
Curso 2026-2027
Instrucións para facer a
preinscrición
Recoméndase ler atentamente antes de acceder á preinscrición
- Encher todos os
campos obrigatorios (marcados cun *).
- Imprimir o resgardo
que proporciona a aplicación porque é o comprobante da preinscrición.
- Asegurarse de que no
momento de facer a matrícula poderase acreditar con documentos todos os
datos achegados na preinscrición porque se non é así, perderase o
dereito a formalizala.
- A primeira vez que se accede
á aplicación para facer a preinscrición, seleccionar o botón
Dar de alta
-
Se non é a primeira vez que se accede á aplicación, porque xa se fixo a preinscrición, pero se quere modificar os datos (antes do fin do prazo de preinscrición) ou consultar a asignación de prazas (unha vez feita a adxudicación), seleccionar o botón Identificación e entrar co mesmo contrasinal.