|
Instrucións para Acceso a 1º GRAO ELEMENTAL
- Encher o formulario para a proba de acceso (os campos con * vermello son obrigatorios).
- Imprimir ou gardar o xustificante xerado unha vez rematado o proceso.
- Comprobar o día 29 de maio na páxina web do centro, que aparece na listaxe de admitidos/as na proba de acceso. De non ser así, deberán poñerse en contacto coa Secretaría do centro.
- A proba realizarase, previsiblemente, os días 17 e 18 de xuño. As datas e horas concretas publicaranse o día 8 de xuño a partir das 14h na páxina web do centro.
Instrucións para Acceso a 1º GRAO PROFESIONAL
- Encher o formulario para a proba de acceso (os campos con * vermello son obrigatorios).
- Imprimir ou gardar o xustificante xerado unha vez rematado o proceso.
- Facer chegar ó Conservatorio ao enderezo cmus.ourense@edu.xunta.gal antes das 23:59 horas do 25 de maio, a seguinte documentación:
- Copia do DNI (excepto alumnado que xa o presentara nalgunha ocasión no centro).
- Xustificante de pagamento.
- En caso de taxa bonificada no pagamento, deberase presentar a documentación que o acredite.
- Xustificante xerado ao realizar a matrícula.
- Se non se fai por correo electrónico, o prazo finaliza o mesmo día ás 13:30 na Secretaría do centro.
O pago poderá ser realizado telematicamente ou ben descargar o impreso para o pagamento na entidade bancaria. Ámbalas dúas opcións se realizan seguindo estas instrucións.
- Comprobar o día 27 de maio na páxina web do centro, que aparece na lista de admitidos/as na proba de acceso. De non ser así, deberán poñerse en contacto coa Secretaría do centro.
- A proba realizarase, previsiblemente, entre os días 8, 9 e 10 de xuño. As datas e horas concretas publicaranse o día 4 de xuño a partir das 14h na páxina web do centro.
|